Nuno Costa e Yolanda Gutiérrez Robles gañan a XXXVI Carreira da Amaía

 
08/10/2018 - EL CORREO GALLEGO

O portugués afincado en Sigüeiro Nuno Costa (Tambre Bike & Runnig) e a ourensá María Yolanda Gutiérrez Robles (Maeloc Way) foron os gañadores s da XXXVI Carreira Pedestre da Amaia. A proba, celebrada o serán do sábado en Brión, congregou 431 atletas, entre nenos e adultos.

Nuno Costa fixo bos os pronósticos que o situaban como favorito á vitoria,q ue finalmente acadaría cun tempo de 31 minutos e 26 segundos en percorrer os 9,5 quilómetros do novo trazado que se estreaba este ano. Foi un trunfo a base de traballo, pois Nuno só avantaxou en 5 segundos ao segundo clasificado, Antonio Teijido, de Guitiriz e atleta do Club de Atletismo Verxel Nutrición Deportiva. O compostelán Amador Pena, do Club Atletismo O Pino, completou o podio.

Na categoría feminina, a vencedora absoluta foi María Yolanda Gutiérrez Robles, que entrou no posto 14 da proba xeral cun tempo de 35 minutos e 14 segundos. Seguidamente chegou á liña de meta, no segundo posto, a compostelá Tina Fernández, do Noitebra, cun tempo de 35 minutos e 52 segundos. Completou o podio a atleta noiesa Teresa Castro Villaverde, do Club Atletismo Noia, cun tempo de 38 minutos e 49 segundos.

0 comentarios:

Publicar un comentario