O Concello de Brión presenta a XXXVI Carreira Pedestre da Amaía

 
14/08/2018 - Concello de Brión

Neste 2018 a ogranización presenta un novo e mellorado circuito para a carreira absoluta. O prazo para inscribirse abrirá nos próximos días.

A carreira, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de Outubro a parties das 17h., terá o seu punto neurálxico como de costume na Carballeira de Santa Minia, lugar onde se celebrarán as carreiras dos menores de idade e de onde partirá a carreira absoluta. A recollida de dorsais esta prevista a partir das 16hrs. e ata media hora antes da celebración da proba.

Un ano mais a proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e volve a incluirse no Circuito de Carreiras Populares de Diputación de a Coruña. As inscricións, que se poderán facer a través da paxina web www.carreirasgalegas.com, custarán 5€ para os adultos e será gratuíta para os menores de 12 anos.

PREMIOS

Nesta edición repartiranse mais de 1.000€ en premios, e tamén se agasallará a todolos atletas coa tradicional camiseta técnica conmemorativa.

Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta, de 9,5 km de lonxitude: 200, 170 e 150 euros, respectivamente. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das 8 categorías establecidas. Os premios non serán acumulativos, exceptuando os correspondentes aos empadroados en Brión.

NOVO CIRCUITO PARA A PROBA ABSOLUTA

A organización da proba deseñou un novo circuito moito mais rápido, menos duro e mais vistoso. Así pois, daránselle duas voltas a un circuito de 4,75km (98% asfalto e 2% terra en bo estado) completando un total de 9,5km aprox.

As probas infantís terán lugar tamén na Carballeira de Santa Minia. As categorías dos pitufos e prebenxamíns non serán competitivas, polo que todos os participantes recibirán cadansúa medalla. O Concello de Brión porá a disposición de todos os corredores o pavillón polideportivo para que se poidan duchar, así como un servizo de garda roupa situado na Casa da Cultura.

0 comentarios:

Publicar un comentario