INFORMACIÓN



A Carreira Pedestre da Amaía é unha das probas atléticas mais importantes do panorama galego. Con 40 edicións de antiguedade converteuse ao longo dos anos nunha proba de referencia en toda a comarca de Santiago. A carreira Pedestre, que se celebra todolos anos como complemento á programación Cultural de Deportiva da Romaría de Santa Minia, sempre partiu da Carballeira de Santa Minia e percorría, ao longo dos seus case 10 km, tanto o núcleo municipal coma distintas aldeas do noso municipio. 
 
No ano 2021, con motivo da pandemia, a organización decidiu cambiar o lugar de celebración trasladandoa ao Parque de Pedrouzos, un lugar moito mais amplo e aberto no que é moito mais fácil controlar que non se produzan aglomeracións. Neste ano 2023 volverá a celebrarse no Parque de Pedrouzos sobre unha distancia de 10k.

O maratón da Amaía (antes denominábase así) pola enorme expectación e éxito da súa organización, sumouse ós actos de celebración da Santa Minia alá polos anos 80. A organización corre integramente a cargo do Concello coa colaboración do CLUB DEPORTIVO BRIÓN HYUPERSA SANTIAGO e baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). A presenza de importantes atletas contribuiu a acrecentala categoría polo alto nivel deportivo que impoñen a esta popular proba.


XXXX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA

DOMINGO 1 DE OUTUBRO A PARTIR DAS 10:30 HRS

INSCRICIÓNS

As inscricións realizaranse ANTES DAS 14H. DO DÍA 27 DE SETEMBRO
NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS O MESMO DÍA DA CARREIRA

>> www.carreirasgalegas.com <<

HORARIOS
 
VENRES DÍA 29 DE SETEMBRO

De 09:00h. a 14:00h. e de 16:00 a 20:00h. - Recolida de dorsais na Casa da Cultura, Concello de Brión

DOMINGO DIA 1 DE OUTUBRO

09:00h. - Recollida de dorsais na carpa da organización na liña de saida/meta
10:00h. - Carreira Absoluta :: 10.000m.
11:30h. - Carreira Sub16 :: 2.000m.
11:30h. - Carreira Sub14 :: 2.000m.
11:45h. - Carreira Sub12 :: 700m.
12:00h. - Carreira Sub10 :: 700m.
12:15h. - Carreira Sub 8 :: 400m.
12:30h. - Carreira Pitufos :: 100m.