RAFAEL FUENTES GAÑA A CARREIRA PEDESTRE DA AMAIA BATENDO O RÉCORD DA PROBA

EL CORREO GALLEGO | 09/10/2012

A XXX Carreira Pedestre da Amaia cumpríu cos pronósticos e conseguíu marcar un récord de participación con 367 atletas, 93 nenos e 274 adultos. O atleta de Poio Rafael Fuentes Lubián (Sociedade Gimnástica de Pontevedra), gañou cun tempo de 22 minutos e 32 segundos. Unha marca que supuxo rebaixar en 2 minutos e 4 segundos o tempo do gañador da edición de 2011 e que lle permitiu sacar unha cómoda vantaxe de case un minuto sobre o segundo clasificado, Carlos Porto (RC Celta). Hugo Loureiro (Ourense Atletismo) foi terceiro. Na categoría feminina, a victoria foi para Águeda Blanco, unha atleta independente que chegou no 29º posto da xeral cun tempo de 27 minutos e 9 segundos, é dicir, tres minutos por debaixo da marca da gañadora de 2011. Os outros dous postos do pódium foron ocupados polas mesmas atletas que o ano pasado: Esther Pedrosa, da USC; e Mela Penas, de Comesaña. Os dous primeiros atletas de Brión foron Óscar Ces, sexto na xeral, e Paloma Herbello, que chegou no posto 193. Na categoría infantil gañou Claudia Blanco (categoría de 10 a 12 anos) seguida de Hugo Novoa (de 7 a 9).

0 comments:

Publicar un comentario