A PEDESTRE DA AMAÍA DO 6 DE OUTUBRO TEN ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

LA VOZ DE GALICIA | 25/09/2013

A carreira pedestre de Amaía, que se celebra o 6 de outubro, sempre unha semana despois da romaría de Santa Minia, en Brión, xa ten aberto o prazo para inscribirse. A proba, cun itinerario máximo de oito quilómetros por Santa Minia e núcleos lindeiros, está considerada unha das competicións con maior arraigamento en Galicia ao chegar á súa edición número trinta e un.

A organización resalta que todas as inscricións deben realizarse por Internet coa data límite do 3 de outubro.

A competición conseguiu o ano pasado a súa marca de participación con 367 atletas inscritos. Deles, 93 son nenos. O custo de inscrición é de cinco euros, pero os menores de 12 anos poden anotarse gratis.

0 comments:

Publicar un comentario