A edición número trinta da carreira pedestre de Brión pasará á historia por ser a de maior participación: 274 adultos e 93 nenos. O gañador da competición foi Rafael Fontes Lubián, de Poio, que rebaixou en máis de dous minutos o tempo do vencedor do ano pasado, unha proba na que Fontes Lubián quedara segundo.
En canto á modalidade feminina, a gañadora do domingo, Águeda Branco, que non pertence a ningún club, entrou en pór 29 da proba xeral cunha marca tres minutos superior á do ano pasado.
Como entón, o Concello repartiu mil euros entre trece premios, tanto en metálico como en trofeos e premios especiais para brioneses.
0 comments:
Publicar un comentario