Segundo apuntan dende a Casa da Cultura brionesa, "o sistema de inscrición para este ano 2011 modernizouse, apostando pola inscrición on-line, pero ademais conservase a posibilidade de inscribirse presencialmente, nas propias instalacións da casa da cultura, ou a través do teléfono 981 50 99 08".
Esa proba, que para este ano modifica os percorridos habituais da mesma, terá un pecorrido de 500 m. aproximadamente para nenos e nenas ata 12 anos e de 8000 m para o resto de atletas. Haberá trofeos e premios en metálico para os 6 vencedores absolutos, 3 homes e 3 mulleres, trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e trofeos o primeiro home e primeira muller en cruzar a meta empadroados no Concello de Brión. Tamén haberá camisetas e bebidas para tódolos participantes que cheguen a meta dentro do control que se pechará 50 minutos despois de que o primeiro clasificado entre na liña de meta.
0 comments:
Publicar un comentario