O Concello de Brión celebra o domingo 2 de outubro a carreira pedestre



O concello de Brión organiza o domingo 2 de Outubro a XXIX edición da Carreira Pedestre da Amaia. As inscricións levaranse a cabo unicamente a través da web dende o día 1 ao 30 de setembro. O concello repartirá máis de 1000 euros entre os seis primeiros gañadores absolutos e trofeos aos tres primeiros das trece categorías existentes, ademáis todolos participantes que completen a carreira recibirán unha camiseta de regalo.

Como novidades, os percorridos da carreira modificanse este ano para facela máis vistosa, o percorrido dos rapaces será circular de de duas voltas arredor da Carballeira de Santa Minia. Para o circuito dos adultos engadironselle dous quilómetros que farán a delicida dos participantes na proba.

0 comments:

Publicar un comentario