A XXXVIII Carreira Pedestre da Amaía terá lugar o 2 de outubro

 
15/09/2021 - El Correo Gallego

Cambia a Carballeira de Santa Minia polo parque de Pedrouzos, con límite de prazas

O Concello de Brión, en colaboración co Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, organiza a 38 edición da Carreira Pedestre da Amaia, que terá lugar o sábado 2 de outubro, a partir das 17.00 horas. A proba presenta un gran cambio: disputarase nas inmediacións do Parque de Pedrouzos (a carón do campo municipal de fútbol de Brión) e non na Carballeira de Santa Minia.

A carreira desenvolverase baixo o protocolo anticovid-19 establecido para este tipo de probas, o que limitará a 400 prazas os participantes nas categorías adultas, así como a 50 prazas en cada unha das outras categorías: sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16. A carreira é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo.

A organización da proba deseñou este ano un novo circuíto máis rápido e vistoso, de 5 km (98 % asfalto e 2 % terra en bo estado), completando un total de 9,5 km. As probas infantís terán lugar por primeira vez na contorna do Paseo de Pedrouzos.

As inscricións na XXXVIII Carreira Pedestre da Amaia poderán formalizarse ata as 14.00 horas do vindeiro 29 de setembro e unicamente de forma telemática a través da web www.carreirasgalegas.com. As inscricións dos adultos custarán 5 euros, mentres que as dos menores de 16 anos son de balde.

 

0 comments:

Publicar un comentario