Geralavicius e Paula Mayobre gañan a Pedestre da Amaía



EL CORREO GALLEGO | 06/10/2015

Robertas Geralavicius, atleta lituano aficando en Pontevedra, e Paula Mayobre (Ares) foron os gañadores absolutos da XXXIII Carreira Pedestre da Amaia celebrada o domingo baixo unha constante chuvia en Brión. De feito, a chuvia foi a gran protagonista da proba organizada polo Concello de Brión e que afrontaron 185 dos 238 atletas inscritos inicialmente.

Robertas Geralavicius impuxo o seu ritmo ao longo dos 8 quilómetros da proba e compartiu podio canda Jacobo Gesto Lago (A Coruña) e Amador Pena Torreira (Santiago). Pola súa banda, Paula Mayobre entrou no posto 19 da Clasificación Xeral, seguida por María Xesús Gestido (Pontevedra) no posto 22 e Rocío Alvite Ferreiro (Mazaricos) no posto 30 da Xeral. Juan Carlos Casal Pérez recibiu o premio ao veciño de Brión mellor clasificado, ao chegar no posto 5º da Xeral. O premio á primeira brionesa foi para Cristina Hernández García, no posto.

A chuvia tamén condicionou as probas nas que participaban os nenos e nenas, nas que tomaron parte medio cento de atletas fronte aos 140 inscritos inicialmente. Todos os menores que participen recibirán cadansúa medalla En total, a carreira repartiu mais de 1.000 euros en premios, así como camisetas e avituallamentos para todos os participantes.

0 comments:

Publicar un comentario