EL CORREO GALLEGO | 03/10/2015
Os adultos correrán oito quilómetros na trixésimo terceira edición da carreira.
A XXXIII Carreira Pedestre da Amaía reunirá a un total de 378 atletas na súa saída, mañá domingo, nunha competición que repartirá unha cantidade superior aos 1.000 euros en premios.
Unha vez pechado o prazo de inscricións, contabilízanse 238 atletas en categoría absoluta e 140 en modalidade escolar, para nenos menores dos 12 anos. Entre os participantes inscritos atópanse deportistas recoñecidos como Robertas Geralavicius, Nuno Costa, María Jesús Gestido, Paula Mayobre ou María José Grobas.
A saída terá lugar ás 11.15 horas, na Carballeira de Santa Minia. O percorrido baixa pola avenida de Santa Minia, para cruzar daquela as aldeas de Pedrouzos e Liñares, desde onde se tomará a estrada provincial CP-1301 até o límite con Brión de Abaixo. Desde alí, os atletas baixarán ata O Casal, para retornar posteriormente á aldea de Liñares. Nesta fase, os participantes atoparanse cun punto de avituallamiento líquido. O último tramo discorrerá pola avenida de Lamiño, ata Brans de Abaixo, para regresar á Carballeira de Santa Minia, para completar un percorrido de 8 quilómetros.
Os máis pequenos tomarán a saída un pouco antes das 10.30 horas, para completar 350 metros (de 5 a 7 anos), 500 metros (de 8 e 9 anos) e 700 metros (de 10 a 12 anos de idade).
PREMIOS.
Haberá máis de 1.000 euros en premios, ademais de camisetas e avituallamiento para todos os participantes. Haberá trofeos para o tres primeiros de cada categoría, xeral masculina e feminina, e para o primeiro home e muller de Brión. Os menores recibirán unha medalla.
0 comments:
Publicar un comentario