37 Edición da Carreira Pedestre Popular da Amaía


O Concello de Brión ven de abrir as inscricións para a súa tradicional carreira pedestre. Unha edición que, como é costume, se celebrará o vindeiro día 5 de Outubro a partir das 17h. nas inmediacións da Carballeira de Santa Minia.

As inscricións, que permanecerán abertas ata o día 2 de Outubro, serán gratuítas ata a categoría Sub16 mentres que para o resto de categorías terán un prezo simbólico de 5€. Todos os/as atletas que finalicen a proba terán dereito a unha camiseta técnica de agasallo, así como tamén haberá medallas para as categorías pitufo e benxamín (non competitivas), avituallamentos e premios en metálico para os 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres en cruzar a liña de meta. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das 14 categorías establecidas no regulamento da proba.

Un ano mais a carreira estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e volve a incluírse no Circuíto de Carreiras Populares de Diputación de a Coruña.

CIRCUITOS


A proba absoluta repetirá o circuíto da pasada edición, moito mais rápido, menos duro e mais vistoso. Serán dúas voltas de 4,75 km (98% asfalto e 2% terra en bo estado) para completar un total de 9,5 km.

As probas para os mais pequenos terán lugar na Carballeira de Santa Minia.
O Concello de Brión porá a disposición de todos os corredores un amplo aparcamento moi preto da saída, tamén se habilitará o pavillón polideportivo para que se poidan usar as duchas así como un servizo de garda roupa situado na Casa da Cultura.

0 comments:

Publicar un comentario