Brión abre inscricións para a 42 Carreira Pedestre da Amaía, que se celebrará o 4 de outubro


 03/09/2025 | Diario de Santiago

O Concello de Brión, en colaboración co Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, abriu hoxe as inscricións para a XLII Carreira Pedestre Popular da Amaía, que se disputará o sábado 4 de outubro a partir das 16:30 horas na contorna do parque de Pedrouzos. As anotacións poderán formalizarse ata as 23:59 horas do 1 de outubro na páxina web www.carreirasgalegas.com, sendo de balde para persoas menores de 16 anos e de 5 euros para o resto.

A proba é oficial da Federación Galega de Atletismo, cunha distancia non homologada de 10 quilómetros, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces, e puntuable para o XI Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña. A carreira absoluta percorrerá un circuíto de 5.000 metros aproximadamente —98% asfalto e 2% terra— ao que se darán dúas voltas. Os circuítos das carreiras de menores desenvolveranse nas inmediacións do campo de fútbol municipal. Ao finalizar, todas as persoas participantes recibirán un avituallamento líquido na liña de meta.

Este ano, a carreira destina un total de 2.100 euros a premios e agasallará a todos os participantes con camisetas técnicas conmemorativas. Entregarase trofeos deseñados polo ceramista Nano Unzueta e premios en metálico para os tres primeiros homes e mulleres na proba absoluta: 300, 250 e 150 euros, respectivamente. Tamén se premiarán os tres primeiros clubs federados clasificados, podendo ser equipos mixtos, así como os primeiros homes e mulleres empadroados en Brión e os primeiros de cada unha das oito categorías establecidas.

Na edición anterior, moi condicionada pola choiva, os gañadores foron Manuel Lorenzo López (Club Deportivo Pinarium) e Isabel Caeiro Mariño (Sociedade Gimnástica de Pontevedra). A meteoroloxía reduciu á metade a participación prevista: dos 404 inscritos tan só tomaron a saída 202 atletas, 130 na proba absoluta.

Brión abre inscricións na 42 Carreira Pedestre da Amaía


03/09/2025 | Radio Lider

As anotacións estarán abertas en www.carreirasgalegas.com ata o 1 de outubro

O Concello de Brión, en colaboración co Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, vén de abrir as inscricións na XLII Carreira Pedestre Popular da Amaía, que terá lugar o sábado 4 de outubro, a partir das 16:30 horas, na contorna do parque de Pedrouzos. As inscricións, de balde para as persoas menores de 16 anos e de 5 euros para os demais, poden formalizarse ata as 23:59 horas do 1 de outubro a través da páxina web www.carreirasgalegas.com.

A XLII Carreira Pedestre Popular da Amaía é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo con distancia non homologada de 10 quilómetros, terá lugar baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e será puntuable para o XI Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña.

A XLII Carreira Pedestre da Amaía destina este ano un total de 2.100 euros a premios e agasallará a todas as persoas participantes con camisetas técnicas conmemorativas. Haberá trofeos, deseñados polo prestixioso ceramista Nano Unzueta, e premios en metálico para os tres primeiros clasificados homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta: 300, 250 e 150 euros, respectivamente. Tamén se entregarán trofeos e premios en metálico para os tres primeiros clubs federados clasificados, onde os equipos poden ser mixtos. Finalmente, haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das 8 categorías establecidas.

A proba absoluta terá lugar sobre un circuíto de 5.000 metros aproximadamente (98% asfalto e 2% terra) ao que se darán dúas voltas. Os circuítos das carreiras de menores terán lugar nas inmediacións campo de fútbol municipal de Brión. Ao finalizar a proba, todas as persoas participantes recibirán un avituallamento líquido na liña de meta.

O marinense Manuel Lorenzo López (Club Deportivo Pinarium) e a compostelá Isabel Caeiro Mariño (Sociedade Gimnástica de Pontevedra) foron os gañadores da edición anterior, moi condicionada polas condicións meteorolóxicas xa que a chuvia reduciu exactamente á metade a participación prevista: dos 404 atletas inscritos tan só tomaron a saída 202, 130 na proba absoluta.

A XLI Carreira Pedestre Popular da Amaía celebrarase o vindeiro 5 de outubro


O Concello de Brión, coa colaboración do Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, organiza a XLI edición da súa carreira popular o sábado 5 de outubro de 2024 a partir das 16:30 horas nas inmediacións do Parque de Pedrouzos (ao lado do Campo de Fútbol Municipal de Brión) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada e pertencente ao X Circuíto de Carreira Deputación da Coruña.

A proba absoluta, na que poderán participar atletas tanto federados como non federados, discorrerá sobre un circuíto de 5 km (98% asfalto e 2% terra en bo estado) ao que as persoas participantes terán que dar dúas voltas, completando así unha distancia aproximada de 10km.

As categorías menores celebrarán as distintas probas nas inmediacións do Campo de Fútbol Municipal sobre uns circuitos practicamente sen desniveis e que poden consultarse nesta mesma web.

Ademais dos tradicionais trofeos, creados polo artista local Nano Unzueta, a Carreira Pedestre Popular da Amaía repartirá máis de 2000€ en premios económicos entre as primeiras persoas en cruzar a liña de meta.

As inscricións na XLI Carreira Pedestre Popular da Amaía poderán formalizarse ata as 23:59h. do vindeiro día 2 de outubro unicamente a través das web www.carreirasgalegas.com. As inscricións dos adultos custan 5 euros, mentres que as dos menores de 16 anos son de balde.