01 DE OUTUBRO DE 2016 | EL CORREO GALLEGO
A cita absoluta, hoxe en Brión ás 18.00 h // A partires das 17.00, as probas infantís
Casi cincocentos atletas participarán hoxe na 34.ª edición da Carreira Pedestre da Amaia, que se celebrará un ano máis en Brión, coa saída na Carballeira de Santa Minia. A cita está incluída no Circuíto de Carrreiras Populares da Deputación da Coruña, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo.
A proba absoluta, que dará comezo ás 18.00 horas, contará co concurso de 213 corredores. Entre eles, os dos vencedores da pasada edición de 2015: Amador Pena e Paula Mayobre. Xunto eles haberá un bo feixe de aspirantes ao triunfo como Lolo Penas ou Hassan Lekhili, entre outros deportistas. O trazado contará con oito quilómetros de percorrido.
Antes desenvolveranse as carreiras para os pequenos. Os pitufos percorrerán cen metros na contorna da Carballeira da Santa Minia, a partires das 17.00 horas. Os prebenxamíns participarán a continuación (17.10 horas), seguirán os benxamíns (17.20 horas), os alevíns (17.30 horas) e tanto cadetes como infantís tomarán a saída ás 17.45 horas desta tarde.
0 comments:
Publicar un comentario