ABERTA A INSCRICIÓN PARA A CARREIRA PEDESTE DA AMAÍA 2015


O domingo 4 de outubro, disputarase a XXXIII ediciónd a carreira pedeste da Amaía en Brión. A competición está organizada polo Concello de Brión e discorrerá polo xa tradicional circuito que sufriu pequenas variacións o pasado ano coa eliminación da tan temida costa de Quintans que iniciaba a proba. A proba partirá da Carballeira de Santa Minia, os mais pequenos percorreran distancias entre os 350m. aprox e os maiores disputarán unha carreira sobre un circuito duns 8.000m.

Para tomar parte na competición hai que inscribirse con antelación, poderá realizarse na web http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/ antes das doce da noite do día 30 de Setembro. O prezo da inscrición é de 5 euros para os adultuos, mentres que é gratuita para as categorias de base.

A carreira repartirá mais de 1.000€ en premios, ademais haberá camisetas e avituallamentos para todolos participantes. En canto a trofeos, repartiranse medallas a todolos menores participantes e haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría, para os tres primeiros e tres primeiras da Xeral e para o primeiro home e primeira muller en cruzar a meta empadroados no Concello de Brión.

A organización espera que, do mesmo xeito que en edicións anterores, a xente se anime e que na xornada do domingo haxa unha gran participación de deportistas na carreira.

0 comments:

Publicar un comentario