A 29 Carreira Pedestre de Amaía, que se celebrará este domingo no municipio de Brión, conta xa con 230 corredores anotados. Unha vez pechada a inscrición en liña, queda unicamente a telefónica no numero 981 509 908, antes das 14.00 horas de mañá venres.
O Concello de Brión non admitirá inscricións o mesmo día da proba, xa que é preciso un tempo previo para preparar os dorsais e o código de barras identificadores de cada atleta. Un total de 200 corredores fixeron a súa inscrición en liña.
A carreira para nenos empezará ás 10.30 e a de maiores (oito quilómetros) ás 11.00 horas.
0 comments:
Publicar un comentario