INFORMACIÓN



A Carreira Pedestre da Amaía é unha das probas atléticas mais importantes do panorama galego. Con 36 anos de antiguedade converteuse ao longo dos anos nunha proba de referencia en toda a comarca de Santiago. A carreira Pedestre, que se celebra todolos anos como complemento á programación Cultural de Deportiva da Romaría de Santa Minia, parte da Carballeira de Santa Minia e percorre, ao longo dos seus case 10 km, tanto o núcleo municipal coma distintas aldeas do noso municipio.

O maratón da Amaía (antes denominábase así) pola enorme expectación e éxito da súa organización, sumouse ós actos de celebración da Santa Minia alá polos anos 80. A organización corre integramente a cargo do Concello coa colaboración da FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO. A presenza de importantes atletas contribuiu a acrecentala categoría polo alto nivel deportivo que impoñen a esta popular proba.


XXXVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA

SÁBADO 6 DE OUTUBRO A PARTIR DAS 17: 00 HRS

INSCRICIÓNS

As inscricións realizaranse ANTES DAS 14H. DO DÍA 3 DE OUTUBRO
NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS O MESMO DÍA DA CARREIRA

>> www.carreirasgalegas.com <<

RECOLLIDA DE DORSAIS
16:00 HRS. NA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA - BRIÓN

CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS


* As categorías PITUFO e PREBENXAMÍN non son categorías federadas non haberá, por tanto, nestas carreiras lista de clasificados nin trofeos. Como recordo da súa participación todolos participantes destas duas categorías recibirán unha medalla conmemorativa da carreira.